Infinite Menus, Copyright 2006, OpenCube Inc. All Rights Reserved.
 
Usuario:
Contrasinal:
TAQUILLAS VIRTUAIS DO REAL CLUB CELTA [Lea +]

Faite abonado do Real Club Celta, merca as túas entradas ou renova o teu abono al&a...

 
C.E. SABADELL vs. R.C.CELTA
O Celta supera o Sabadell e suma a súa segunda vitoria consecutiva - Lea máis
1 - 2
R.C.CELTA vs. A.D ALCORCÓN
[+] Vexa a previa
12/5/2012 18.00 H
 
 
 

 

 

Último Partido

C.E. SABADELL 1 — 2 R.C.CELTA

O Celta combinou brillantez, seriedade, solidez e fe para levarse unha importante vitoria de Sabadell. Os celestes adiantáronse cun tanto de Álex López na primeira metade, de dominio absoluto do equipo vigués, pero encaixaron no arranque da segunda nun saque de esquina. Orellana selou a vitoria, máis que merecida, cun golazo a falta dun cuarto de hora para o final. Os céltico dispuxeron de oportunidades para golear.

O pau freou un bo Celta no arranque do partido. Toni anticipouse ao seu marcador, rematou con forza e o rexeitamento do porteiro estrelouse na madeira. Infortunio para os celestes aos catro minutos de xogo nun partido con ida e volta, pero con máis claridade no ataque céltico.



O partido embarullouse un tanto tras a grande ocasión celeste, con moita presión no centro do campo e ausencia de espazos, aínda que sempre co Celta máis atinado na circulación, con maior perigo en cada chegada e cun dominio crecente do choque.



Ao bordo do cuarto de hora, o Celta acaparaba a posesión, co Sabadell metido atrás, concentrado por completo en frear os céltico. As ocasións desapareceron nesa fase, de serenidade absoluta para Sergio e non tanto para De Navas. Aos 20 minutos, Orellana non acertou no punto de penalti tras un gran pase de Iago Aspas nunha grande oportunidade que ao chileno se lle escapou por non rematar de primeiras.



Houbo pouco despois un derrubamento claro na área ao propio Orellana que o colegado non sancionou. O Celta seguía chegando con perigo, asustando a un Sabadell incapaz de desfacerse do acoso celeste, cada vez maior. Tivo o seu premio á media hora de xogo. Boa combinación en banda esquerda, con pase definitivo, maxistral, de Iago Aspas á área pequena para que Álex López, chegando dende atrás, empurrase a rede. Gol máis que merecido para un Celta moi superior.



Túñez, dende a frontal, rematou alto os 34 minutos tras un saque de esquina noutra ocasión para os céltico, que dominaban o choque cunha autoridade incontestable. Iago Aspas non chegou por pouco en boca de gol tras un centro de Roberto Lago dende a liña de fondo. Brillante xogada dun Celta atinado, serio e vistoso que merecía unha vantaxe moito máis folgada. No tramo final, máis oportunidades para os de Paco Herrera, cuxo único pero nesta gran primeira metade, espléndida, era a falta de acerto na área rival, moitas veces pisada con perigo.

 

Tras a reanudación, o Sabadell acertou nun saque de esquina que Agustín levou, sen querer e co brazo, á rede aos 4 minutos de xogo. Revés, inxusto resultado, pero con tempo para tratar de remedialo.



Iago Aspas puido sumar o segundo aos sete minutos tras un gran pase de Orellana, pero o remate do moañés rematou no pé do gardameta local. Nova ocasión desperdiciada, como outro man a man de Iago pouco despois tras outra grande asistencia de Orellana. Regateou ao porteiro e o seu remate, con pouco ángulo, estrelouse no lateral da rede.



O empate era un resultado tan inxusto como incrible, xa que o Celta superaba cunha enorme autoridade o seu rival e xerara ocasións abondo para golear. Olmo puido ver a segunda amarela por unha dura entrada a Álex nunha nova xogada polémica.



Os celestes insistían, buscaban a vitoria, que merecían sobradamente. As chegadas eran constantes, pero sen a finalización axeitada, sen acerto e sen fortuna. O Sabadell, metido atrás, deixaba pasar o tempo aferrándose ao empate, consciente da súa inferioridade e quizais á espera dunha nova ocasión a balón parado.



O Celta afrontou o último cuarto de hora, con Joan Tomás e De Lucas no campo, co partido pechado, sen espazos. Nesa fase había dificultades para chegar á zona de perigo con claridade. Cando o fixo, golazo. Pase en profundidade de Joan Tomás a Orellana, quen de primeiras se saca da chistera unha volea espectacular para superar o sorprendido porteiro local. E xusto despois, posible penalti a Iago Aspas non sinalado.



O canterano volveu dispoñer, a falta de dez minutos, dunha grande oportunidade. Control maxistral, caneo ao porteiro e remate coa dereita que saca un defensa cando o balón entraba Ahí estivo a sentenza.

 

O Celta chegou con esa exigua vantaxe aos minutos finais, unha vantaxe que, por méritos e ocasións, debía ser sumamente folgada. A ela aferráronse os celestes, pero co Sabadell empurrando, aínda que sen inquietar en exceso á sólida zaga do equipo vigués. Finalmente, vitoria celeste, importante, e máis que merecida



FICHA TÉCNICA



1-C.E. Sabadell: De Lameiras, Toni Lao, Agustín, Olmo (Ramírez, min.68), Bermudo, Lanzarote, Juanjo, Puigdollers, Fidalgo (Juvenal, min.62), Lúa e Florian.



2-R.C. Celta: Sergio, Hugo Mallo, Oier, Túñez, Roberto Lago, Bustos, Natxo Insa (Joan Tomás, min.72) Toni (De Lucas, min.65), Álex López, Orellana e Iago Aspas (Bellvís, min.80).



Goles: 0-1, min.30: Álex López; 1-1, mn.49: Agustín; 1-2, min.76: Orellana



Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Amoestou a Olmo e Natxo Insa



Campo: Nova Creu Alta

 
 
Xogador da Seman

En la gran goleada al Guadalajara, ¿quién fue el mejor de los celestes?






























Enquisa de Hoxe

¿Crees que el Celta acabará en puestos de ascenso directo al final de la Liga 2011/2012?










Mayo 2012
L M M J V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10