R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo

As entradas para o derbi de Riazor, á venda desde o próximo martes

Os afeccionados poderán adquirilas nunha céntrica tenda de Vodafone

 

As entradas reservadas para a afección do Real Club Celta para o derbi que se disputará en Riazor o venres 15 de marzo ás 21.45 horas poranse á venda a partir do próximo martes na tenda de Vodafone situada na céntrica rúa Eduardo Igrexas, número 4, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas.

 

Cada afeccionado poderá adquirir un máximo de dúas entradas para este encontro. Hai un total de 868 entradas reservadas para a afección celeste, que se despacharán, até final de existencias, ao prezo de 40 euros.

 

A venda de entradas na tenda de Vodafone producirase por rigorosa orde de chegada, sen posibilidade de realizar reservas e non está vinculada a ningunha promoción da empresa de telecomunicacións.

 

Vodafone é un dos grandes patrocinadores do club, con accións pioneiras como a de crear a ?Bancada Vodafone? en Balaídos ou a presentación de novos terminais telefónicos na nova zona de empresas do estadio celeste.

Submit to FacebookSubmit to Twitter
 
 

Tenda Online
Galería
Redes Sociais
© Celta de Vigo 2015