R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo
R.C Celta de Vigo

As entradas para o derbi, este martes e mércores a disposición dos abonados celestes

Con cada carné poderán retirarse ata dous billetes, cuxo coste debe abonarse en metálico

 

Durante este martes e mércores as entradas para o derbi de Riazor estarán a disposición dos abonados celestes en exclusiva. Os abonados, que deberán presentar o seu carné, poderán adquirir estes billetes na tenda Vodafone situada na céntrica rúa Eduardo Igrexas, número 4, en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas.

 

As entradas restantes despacharanse a partir do xoves, se as houbese, ao resto de afeccionados até dous días antes do partido. Cada abonado ou afeccionado poderá adquirir un máximo de dúas entradas para este encontro. Hai un total de 868 entradas reservadas para a afección celeste, que se despacharán, até final de existencias, ao prezo de 40 euros e cuxo pago debe realizarse en metálico.

 

Vodafone é un dos grandes patrocinadores do club, con accións pioneiras en España como a de crear a "Bancada Vodafone" en Balaídos ou a presentación a nivel nacional de novos terminais telefónicos na nova zona de empresas do estadio celeste.

Submit to FacebookSubmit to Twitter
Tenda Online
Galería
Redes Sociais
© Celta de Vigo 2015